O venres 22 de maio, celebrarase, ás 20:30 h, no Auditorio do Multiusos da Xunqueira, en Redondela, a presentación do libro Do baile da gaita á muiñeira, de Julio Alonso.
Acompañando o autor, estarán Xurxo Martínez, investigador e responsable técnico do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela; e Sara Valcárcel, responsable de Comunicación e coordinadora de Novos Proxectos de Editorial Galaxia.
O acto contará con interpretación musical a cargo de Alejo Amoedo ao piano e Xiana Teixeiro á gaita.