O venres 25 de febreiro, celebrarase, ás 20:30 h, a presentación do libro Virtudes (e misterios), de Xesús Fraga, Premio Nacional de Narrativa 2021, Premio Blanco Amor 2019, e Premio da Crítica de Galicia 2021, na Casa da Cultura de Boiro, organizada pola A. C. Barbantia.
Acompañando o autor, estarán a escritora María Xesús Blanco (A. C. Barbantia), o escritor Antón Riveiro Coello, e o alcalde de Boiro, José Ramón Romero.