Presentación de “Unha nova Olanda”, en Lugo

Data e hora de comezo: 27, Xaneiro 2023 / 19:00
Data e hora de remate: 27, Xaneiro 2023 / 20:00
C.P.

O venres 27 de xaneiro, celebrarase, ás 19 h, no Vello Cárcere de Lugo, a presentación de Unha nova Olanda. De Ferrol a Porto: as cidades galegas e o Norte de Portugal no escenario global,  de Antón Baamonde.

Acompañando o autor, estarán, Lara Méndez, alcaldesa de Lugo e actual Presidenta do Eixo Atlántico, o historiador Ramón Villares, e Daniel Hermosilla, Conselleiro delegado do Grupo Rodiñas.
 
O acto será presentado pola xornalista Cristina Lombao.

Comparte nas túas redes sociais ou por email