Presentación de “Tiro libre”, en Vilagarcía de Arousa

Data e hora de comezo: 19, Decembro 2025 / 19:30
Data e hora de remate: 19, Decembro 2025 / 20:30
Auditorio de Vilagarcía de Arousa
Av. da Mariña, s/n
C.P. 36600
Vilagarcía de Arousa

O venres 19 de decembro, celebrarase, ás 19:30 h, na Sala de Conferencias do Auditorio de Vilagarcía de Arousa, a presentación de Tiro libre, de Julio Torrado.

Acompañando o autor, estarán Alberto Varela, alcalde do Concello de Vilagarcía de Arousa; Xoaquín Fernández Leiceaga, economista e exdeputado, autor do prólogo; Sonia Outón, concelleira de Cultura; e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia.

Comparte nas túas redes sociais ou por email