Presentación de “Sentinelas no limiar das tebras”, en Vigo

Data e hora de comezo: 25, Abril 2025 / 19:00
Data e hora de remate: 25, Abril 2025 / 20:00
Banda Deseñada – Vigo
Rúa Portela, 3, Lavadores
C.P. 36205
Vigo

O venres 25 de abril, celebrarase, ás 19 h, na libraría Banda Deseñada de Vigo, a presentación de Sentinelas no limiar das tebras, de Andrés Castro, Ozo Perozo e Alexandre Senande.

Acompañando a Andrés Castro e Alexandre Senande, estará Iris Darriba, xornalista e actriz.

Comparte nas túas redes sociais ou por email