O sábado 10 de xuño, celebrarase, ás 12 h, na libraría Follas Novas de Vilagarcía de Arousa, unha presentación arredor do libro de Xoaqui Ameixeiras, Receitas para encher o peito.
Acompañando o autor, estarán José Manuel García, director do programa "Comer e falar, todo é comezar" en Si Radio de Galicia e autor do limiar do libro; e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia.