O sábado 25 de novembro, celebrarase, ás 20 h, no local da Asociación Cultural A Mámoa, en Teo, a presentación de Quen escribirá a miña historia?, de Iria Morgade Valcárcel, organizada pola Oliveira de Teo.
Acompañando a autora, estarán Xosé Luís Santos Cabanas, secretario da Oliveira de Teo; e Xosé Álvarez Castro, historiador.