O venres 20 de outubro, celebrarase, ás 19:30 h, na área de cristal do Edificio Castelao do Museo de Pontevedra, a presentación do libro Quen escribirá a miña historia?, de Iria Morgade Valcárcel, organizada polo Ateneo de Pontevedra.
Acompañando a autora, estarán Xaime Toxo, escritor e presidente do Museo de Pontevedra; e Xosé Álvarez Castro, historiador.