Presentación de “Poeta en Nova York”, en Celanova

Data e hora de comezo: 13, Abril 2022 / 19:30
Data e hora de remate: 13, Abril 2022 / 20:30
C.P.
O mércores 13 de abril, celebrarase, ás 19:30 h, na Casa dos Poetas de Celanova, a presentación dos libros "Poeta en Nova York", de Federico García Lorca, traducido por Suso Díaz (Editorial Galaxia), e os libros, da autoría de Suso Díaz, "De Ludeiros a Nova York", (Medulia Editorial), e "Asulagadas" (Positivas). Acompañando o autor e tradutor, estarán Manuel Lamela Bautista, autor do prólogo de "asulagadas", e o escritor Xoán Carlos Domínguez Alberte.

Comparte nas túas redes sociais ou por email