O mércores 13 de setembro, celebrarase, ás 20 h, no MARCO, en Vigo, unha conversa, organizada polo Club Faro, arredor de Luísa Villalta, unha das voces máis importantes da poesía galega do noso tempo; autora de Pensar é escuro. Poesía reunida (1991-2004), en edición de Armando Requeixo.
No acto, acompañando o editor, participarán a irmá da autora, Susana Villalta; Oriana Méndez, mestra e escritora; e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia.