O venres 19 de maio, celebrarase, ás 20 h, na Feira do Libro de Lugo, a presentación de Pensar é escuro. Poesía reunida (1991-2004), de Luísa Villalta, en edición de Armando Requeixo.
Acompañando o editor, estarán Claudio Rodríguez Fer, poeta, e Susana Villalta, irmá de Luísa Villalta.