O xoves 10 de febreiro, celebrarase, ás 19:30 h, na libraría Numax de Santiago de Compostela, a presentación de Pazo de inverno, Premio García Barros 2021, de Alberto Lema.
Acompañando o autor, estarán a crítica literaria Ana Salgado, a escritora e bailarina Blanca Novoneyra, e Carlos Lema, director de edicións de Editorial Galaxia.
Como o aforo é limitado, é necesario confirmar praza a través do seguinte correo:
comunicación@numax.org