Presentación de “Os mortos que amei”, en Rianxo

Data e hora de comezo: 31, Xaneiro 2025 / 20:30
Data e hora de remate: 31, Xaneiro 2025 / 21:30
C.P.

O venres 31 de xaneiro, celebrarase, ás 20:30 h, no Centro Sociocultural-Auditorio, Sala Arcos Moldes (teatro), en Rianxo, a presentación do libro Os mortos que amei, de Iria Collazo López.

Acompañando a autora, estarán Antón Riveiro Coello, novelista e membro de Barbantia, María Xesús Blanco, Presidenta de Barbantia, Julián Bustelo Abuín, alcalde do Concello de Rianxo, e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia.

Haberá unha intervención artística a cargo do escultor Camilo Seira.

Introdución e peche musical a cargo de Leo Sánchez Figueiro (piano) da Escola de Música de Rianxo.

Comparte nas túas redes sociais ou por email