O venres 12 de setembro, celebrarase, ás 19 h, no espazo cultural FNAC de Vigo, dentro do programa do Galician Freaky Festival, a presentación de Odio, Premio Neira Vilas de LIX, de Gabriel Romero de Ávila.
Acompañando o autor, estarán Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia; e Abel Caballero, alcalde do Concello de Vigo.