Presentación de “O que non ten prezo” na Feira do Libro de Vigo

Data e hora de comezo: 1, Xullo 2024 / 19:30
Data e hora de remate: 1, Xullo 2024 / 20:15
C.P.

O luns 1 de xullo, celebrarase, ás 19:30 h, na Feira do Libro de Vigo, a presentación de O que non ten prezo, de Xosé Manuel Pacho.

Acompañando o autor, estarán Pablo Fernández Carballo-Calero, Catedrático de Dereito Mercantil na Universidade de Vigo; Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia; e Antón Vidal Andión, presidente do Consello de Administración de Editorial Galaxia.

 

Comparte nas túas redes sociais ou por email