O mércores 12 de novembro, celebrarase, ás 19:30 h, na libraría Mendinho, a presentación de O proceso. Apaga o candil, de Cándido Pazó.
Acompañando o autor, estarán Xesús Alonso Montero, catedrático e responsable do prólogo; Avelino González, protagonista de "Apaga o candil"; e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia.