O martes 11 de marzo, celebrarase, ás 19:30 h, no Centro Cultural “Torrente Ballester” de Ferrol, a presentación de O practicante rural, de Xoán Rubia.
Acompañando o autor, estarán Xulia Díaz, presidenta do Club de Prensa de Ferrol, Ánxeles Seoane, profesora de literatura, Valentín García, secretario xeral da Lingua, e Xesús Domínguez Dono, director de Produción de Editorial Galaxia.