O venres 9 de setembro, celebrarase, ás 20:15 h, na biblioteca do CEIP Plurilingüe de Silleda, a presentación de O poder máxico do sorriso, de Thalía Troitiño González, ilustrado por Luz Beloso.
Acompañando a autora, estarán María Consuelo Rodríguez Costoyas, directora do CEIP Plurilingüe de Silleda, Mónica González Conde, Concelleira de Cultura de Silleda, e Xoán Carlos García Porral, profesor do IES Pintor Colmeiro.