O sábado 15 de abril, celebrarase, ás 12 h, na sala multiusos do Centro Social do Mar de Bueu, a presentación de O mundo de cores de Roque e Lía, de Paula Suárez, organizada pola libraría Miranda.
Acompañando a autora, estará Vanesa Novas Caballero, mestra de educación infantil e primaria e Presidenta da asociación veciñal de Gandón.