O venres 26 de xaneiro, celebrarase, ás 20:30 h, no Centro Sociocultural-Auditorio do Concello de Rianxo, a presentación de O libro secreto da filosofía, de José Carou, ilustrado por Sara Valcárcel, organizada pola A. C. Barbantia.
Acompañando o autor e ilustradora, estarán Margarita Fernández Gómez, profesora e tradutora; Xosé Ricardo Losada, profesor e escritor; Julio Alcalde, concelleiro de Educación e Cultura de Rianxo; e Xesús Domínguez Dono, director de Produción de Editorial Galaxia.
Contará coa intervención artística de Miguel Mosquera e a intervención de Tano Domínguez, piano da Escola de Música de Rianxo.