Presentación de “O autogoberno de Galicia”, en Santiago de Compostela

Data e hora de comezo: 6, Maio 2025 / 19:00
Data e hora de remate: 6, Maio 2025 / 20:00
Afundación
Rúa do Vilar, 19
C.P. 15705
Santiago de Compostela

O martes 6 de maio, celebrarase, ás 19 h, na sede Afundación, en Santiago de Compostela, a presentación do libro O autogoberno de Galicia. Fundamentos e institucións, de Francisco Caamaño e Daniel Jove, organizada polo Ateneo de Santiago.

Acompañando os autores, estarán Ramón Máiz Suárez, catedrático emérito de Ciencia Política da USC e presidente da Asociación Federalista de Galicia; e Antón Vidal Andión, presidente do Consello de Administración de Editorial Galaxia.

 

Comparte nas túas redes sociais ou por email