O xoves 16 de xaneiro, celebrarase, na libraría Couceiro de Santiago de Compostela, a presentación de Narrativa inédita e dispersa, de Luísa Villalta, con limiar de Daniel Chapela.
Participarán, o autor do limiar, Susana Villalta, irmá da homenaxeada no Día das Letras Galegas, e Margarita Ledo Andión, xornalista e cineasta.