O venres 1 de marzo, celebrarase, ás 20 h, no salón de plenos do Concello de Moaña, a presentación de Na canella infinita, de Juan Parcero.
Acompañando o autor, estarán Leticia Santos, alcaldesa do Concello de Moaña; Daniel Costas, concelleiro de cultura; Jesús Costas, dinamizador cultural; e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia.