Presentación de “Memorias dun neno labrego”, en Lugo

Data e hora de comezo: 14, Marzo 2024 / 19:00
Data e hora de remate: 14, Marzo 2024 / 21:00
C.P.

O xoves 14 de marzo, celebrarase, ás 19 h, no panóptico do Vello Cárcere, en Lugo, a presentación de Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas, ilustrado por Iria Aldegunde.

Acompañando a ilustradora, estarán Marta Veiga, xornalista; Sabela Núñez Singala, escritora; Fernando Redondo, presidente da Fundación Neira Vilas; e Pedro F. Pedrouzo Devesa, membro da revista Irimia.
 
Contará coa interpretación musical do grupo A Quenlla, que musicarán dous poemas de Neira Vilas.
 

Comparte nas túas redes sociais ou por email