O xoves 12 de xaneiro, celebrarase, ás 20 h, na Real Academia Galega de Belas Artes, na Coruña, a presentación de Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina (1805-1872), de Xosé Ramón Veiga.
Acompañando o autor, estarán Enrique Sáez, presidente da Fundación Juana de Vega, e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia.