O domingo 3 de decembro, celebrarase, a partir das 10 h, no Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas, un acto que leva por título José Gil. Pontevedra provincia de cine, na orixe do cinema.
Celebraranse visitas guiadas ao cinemóbil nº 3 e tamén a presentación de Nos días encantados de agosto, Premio Antón Losada Diéguez de Investigación e Ensaio 2023, de Manolo González.
De 13 h a 14 h, haberá sesión vermú e música en directo a cargo da banda de música Reveriano Soutullo.