O domingo 5 de novembro, celebrarase, a partir das 10 h, no Centro Cultural de Salvaterra do Miño, un acto que leva por título José Gil. Pontevedra provincia de cine, na orixe do cinema.
Haberá visitas guiadas ao cinemóbil Nº 3, e celebrarase a presentación de Nos días encantados de agosto. Unha biografía de José Gil, Premio Antón Losada Diéguez de Investigación 2023, de Manolo González.
De 13 h a 14 h, haberá sesión vermú coa interpretación musical da Banda de Música de Salvatierra.