Presentación de “José Gil. Pontevedra provincia de cine, na orixe do cinema”, en Moaña

Data e hora de comezo: 19, Novembro 2023 / 10:00
Data e hora de remate: 19, Novembro 2023 / 14:00
C.P.

O domingo 19 de novembro, celebrarase, a partir das 10 h, detrás da praza de Abastos de Moaña, un acto que leva por título José Gil. Pontevedra provincia de cine, na orixe do cinema.

Celebraranse visitas guiadas ao cinemóbil nº 3

A partir das 12:30 h, celebrarase, no alto da praza, a presentación de Nos días encantados de agosto, Premio Antón Losada Diéguez de Investigación e Ensaio 2023, de Manolo González.

De 13 h a 14 h, haberá sesión vermú e música en directo a cargo da banda de música Airiños do Morrazo de Moaña.

Comparte nas túas redes sociais ou por email