O mércores 25 de outubro, celebrarase, ás 12 h, no salón de plenos do Concello de Mondoñedo, ao acto de entrega e presentación de Hotel Carioca, I Premio Álvaro Cunqueiro de Novela 2022, de Antón Riveiro Coello.
Acompañando o autor, estarán Elena Candia López, vicepresidenta do Parlamento de Galicia; Manuel A. Otero Legide, alcalde do Concello de Mondoñedo; Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia; Armando Requeixo, crítico literario e coordinador de actividades e publicacións da Casa Museo Álvaro Cunqueiro; e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia.