O venres 29 de setembro, celebrarase, ás 20:30 h, no Pazo de Goiáns, en Boiro, unha presentación arredor de "Hotel Carioca", I Premio Álvaro Cunqueiro de Novela, de Antón Riveiro Coello, organizada pola A. C. Barbantia.
Acompañando o autor, estarán María Xesús Blanco, presidenta da A. C. Barbantia; Manuel Cartea (A. C. Barbantia); e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia.