O venres 23 de agosto, celebrarase, ás 19:30 h, no Museo Terra de Melide, a presentación de Historias de Barbantia.
No acto, participarán Xosé Manuel Broz, director do Museo Terra de Melide; Fe Núñez, poeta; Antón Riveiro Coello, escritor; Antonio Piñeiro, escritor; e María Xesús Blanco, presidenta da A. C. Barbantia.