O mércores 24 de abril, celebrarase, ás 19:30 h, na libraría Couceiro de Santiago de Compostela, a presentación de Galiza mater, raíz anterga, de Henrique Monteagudo.
Acompañando o autor, estarán Ramón Villares, catedrático de historia e escritor; Xosé Manuel Dasilva, catedrático, tradutor e escritor; e Xosé M. Soutullo, director xeral de Editorial Galaxia.