O venres 20 de setembro, celebrarase, ás 20 h, na Casa da Cultura de Pontedeume, a presentación de Galicia, distrito industrial, de Antón Baamonde.
Acompañando o autor, estarán Daniel Hermosilla, director executivo de Rodiñas.
Organizada polo Ateneo Fernán Martís, en colaboración co Concello de Pontedeume e a Deputación da Coruña.