O xoves 15 de febreiro, celebrarase, ás 20 h, no salón Rahid do Hotel Araguaney de Santiago de Compostela, a presentación de Galicia, 1981-2021. Autonomía, sociedade e cultura, de Manuel Pérez Rúa.
Acompañando o autor, estarán Xosé Luís Barreiro, político e escritor; Ramón Villares, catedrático de historia e escritor; e Antón Losada, profesor, xornalista e político.