Presentación de “Florencio Delgado Gurriarán. Poeta na terra, na guerra e no exilio”, na Pobra de Trives

Data e hora de comezo: 12, Maio 2022 / 18:00
Data e hora de remate: 12, Maio 2022 / 19:00
C.P.
O xoves 12 de maio, celebrarase, ás 18 h, no Auditorio Julio Vázquez da Pobra de Trives, a presentación de Florencio Delgado Gurriarán. Poeta na terra, na guerra e no exilio, de Xesús Alonso Montero. Acompañando o autor, estarán o escritor Xoán Carlos Domínguez Alberte, a alcaldesa da Pobra de Trives, Patricia Domínguez Barja e Franciso García Sánchez, director do IES Xermán Ancochea Quevedo.

Comparte nas túas redes sociais ou por email