O venres 23 de maio, celebrarase, ás 19:30 h, no Auditorio da Biblioteca Municipal de Nigrán, a presentación de Feixe de flores para Galicia. Un programa humano, económico e ecolóxico, de Xosé Luís Outes Ruso.
Acompañando o autor, estarán Juan González, alcalde do Concello de Nigrán, e Gustavo Luca de Tena, xornalista.