O venres 6 de xuño, celebrarase, ás 20 h, no Instituto de Estudos Miñoráns, en Gondomar, a presentación de Feixe de flores para Galicia. Un programa humano, económico e ecolóxico, de Xosé Luis Outes Ruso.
Acompando o autor, estarán Juan Hermida, Catedrático de Bioloxía e director do IEM, e Xosé M. Soutullo, director de Editorial Galaxia.