O venres 9 de xuño, celebrarase, ás 19:30 h, no Club do Expositor (Pavillón de Conexión -1ª Planta-entre os Pavillóns 1 e 2), en Silleda, a presentación de Feirear, de José Ramón Castro Frade.
Acompañando o autor, estarán Xesús Domínguez Dono, director de Produción de Editorial Galaxia; Xosé Manuel Baamonde Silva, profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da UVigo; Higinio Mougán Bouzón, xerente de Agaca /Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias; e Luis Antonio Vázquez; veterinario, director de Promoción e Relacións Externas do Consello Regulador “Ternera Gallega”.