Presentación de “Eu son Exeria”, en Ourense

Data e hora de comezo: 3, Maio 2022 / 20:00
Data e hora de remate: 3, Maio 2022 / 21:00
C.P.
O martes 3 de maio, celebrarase, ás 20 h, no Liceo de Ourense, a presentación de Eu son Exeria, de Marisa Vidal Collazo, ilustrado por Sole Pite Sanjurjo. Acompañando a autora e a ilustradora, estarán a historiadora Susana Reboreda, a poeta Lorena Conde e a profesora Soedade do Muíño. O acto contará coa interpretación musical de Augalevada, a cargo do pianista Xosé Luís F. Carnicero, e o cantante Xico Paradelo.

Comparte nas túas redes sociais ou por email