O venres 19 de abril, celebrarase, no Centro Recreativo Cultural de Corcubión, ás 20 h, a presentación de Entomoloxía para misioneiros, Premio García Barros 2023, de Fernando Castro Paredes.
Acompañando o autor, estarán Marina Gómez Pose, profesora de Lingua e Literatura, e directora e coordinadora de Tuéjele Teatro e Farándula Velutina; e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia.