O venres 24 de febreiro, celebrarase, ás 20 h, no Pazo de Goiáns, en Boiro, a presentación de Enser, de Marcos Lorenzo, organizada pola A. C. Barbantia, con motivo do Día de Rosalía.
Acompañando o autor, estarán José Ramón Romero, alcalde de Boiro, María Xesús Blanco, escritora e presidenta de Barbantia, e X. Ricardo Losada, escritor e vogal de Barbantia.
Celebrarase un espectáculo teatralizado que leva por título Que pasa ao redor de min?, de Os Quinquilláns e Luís Caruncho.