O sábado 8 de febreiro, celebrarase, ás 12:30 h, na tenda OZOCOGz de Carballiño, a presentación de Doutrina e Ritual da Moi Nobre Orde Galega do Sancto Graal. A Estrela do Apóstolo, de Vicente Risco, en edición de Felipe Senén.
No acto, participarán Celia Pereira Porto, presidenta da Fundación Vicente Risco; Felipe-Senén López Gómez, arqueólogo, responsable da edición, estudo e notas; Xavier Alcalá, membro do Consello de administración de Editorial Galaxia.