O martes 24 de setembro, celebrarase, ás 20 h, no Teatro Principal de Santiago de Compostela, a presentación de Cousas de Farruco, de Xosé Luís Bernal.
Acompañando o autor, estará Quico Cadaval, actor, director, adaptador teatral; Valentín García Gómez, secretario xeral da Lingua; Soledad Felloza, presidenta da asociación de Narración Oral Galega; e Xosé Manuel Soutullo, director xeral de Editorial Galaxia.
O acto será presentado pola comunicadora Esther Estévez, presentadora do programa da TVG Dígocho eu.