Rolda de prensa – Presentación de contos en formato audiolibro, na Once

Data e hora de comezo: 8, Maio 2025 / 16:30
Data e hora de remate: 8, Maio 2025 / 17:30
Auditorio Sede ONCE – Vigo
Avda. Gran Vía, 16
C.P. 36203
Vigo

O xoves 8 de maio, celebrarase, ás 16:30 h, no Auditorio da sede Once, en Vigo, unha rolda de prensa arredor dos audiolibros publicados en Editorial Galaxia.

No acto, participarán José Ángel Abraldes Rodeyro, director ONCE Centro de Recursos Educativos, Teresa Santamaría, directora e actriz de dobraxe, Alba Gil, departamento de Innovación Galaxia, e Marcos Calveiro, director de Edicións de Galaxia.

Comparte nas túas redes sociais ou por email