Rolda de prensa arredor de “Contáronme un conto mal contado”, en Vigo

Data e hora de comezo: 14, Marzo 2025 / 13:00
Data e hora de remate: 14, Marzo 2025 / 14:00
Edificio Redeiras – Universidade de Vigo
Rúa da Ribeira do Berbés, 11
C.P. 36202
Vigo

O venres 14 de marzo, celebrarase, ás 13 h, no Edificio Redeiras da Uvigo, unha rolda de prensa arredor do libro Contáronme un conto mal contado. Onde estaban as mulleres na historia?, coordinado por Susana Reboreda Morillo.

Acompañando a coordinadora, estarán María Quintiana, directora xeral de Promoción da Igualdade da Xunta de Galicia; Yolanda Rodríguez Castro, directora da Unidade de Igualdade da UVigo; e María Pereira Otero, directora de Merlín Comunicación.

Comparte nas túas redes sociais ou por email