O venres 31 de outubro, celebrarase, ás 19 h, no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense, a presentación de Castelao escritor, de Eduardo Blanco Amor, en edición de Luís G. Tosar e Alexandre Corbillón.
Acompañando os editores, estarán Juan Luis Saco Cid (Editorial Galaxia); Valentín García Gómez, secretario xeral da Lingua da Xunta de Galicia; e César Fernández Gil, vicepresidente da Deputación de Ourense.