O luns 17 de marzo, celebrarase, ás 20 h, no MARCO, en Vigo, unha conversa arredor de Carlos Núñez. O comunista que non foi gaiteiro, de Perfecto Conde, organizada coa colaboración de Club Faro.
No acto, participarán, acompañando o autor, o protagonista do libro, Carlos Núñez, e Xesús Alonso Montero, responsable do prólogo.