O mércores 20 de marzo, celebrarase, ás 20 h, na sala Mome da Estrada, a presentación de Cando o avó esqueceu o meu nome, Accésit Premio de Literatura Infantil Simbad para o Recordo e o Alzhéimer 2022, de Rosalía Morlán.
Acompañando a autora, estarán Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística; Juan Constenla, concelleiro de Cultura do Concello da Estrada; e Xosé Luna, escritor e docente.
O acto contará coa colaboración musical de Manoele de Felisa e a participación do alumnado do Ceip do Foxo.