O sábado 26 de xullo, celebrarase, ás 19 h, en Santiago de Mens (Malpica de Bergantiños), no Campo da Festa, a presentación de As vellas de Mens, de Javier Fernández Pensado.
Acompañando o autor, estarán, como moderadora Carla Varela Pena, filóloga; e intervirán Xosé Manuel Varela Varela, autor do prólogo; Isabel García Quintela, presidenta da A.F. Aturuxo; e Eduardo J. Parga Veiga, alcalde do Concello de Malpica.
Organizado polo Concello de Malpica de Bergantiños coa colaboración da Comisión de Festas de Santiago de Mens.