O martes 27 de maio, celebrarase, ás 19 h, no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, a presentación de As vellas de Mens, de José Manuel Fernández Pensado.
Acompañando o autor, estarán Valentín García Gómez, secretario Xeral da Lingua, Xosé Manuel Varela Varela, docente, Felipe Senén López Gómez, arqueólogo e escritor, e Xesús Domínguez Dono, director de Produción de Editorial Galaxia.